domingo, 1 de abril de 2007

Tempo de furanchos



Como sempre por estas fechas, estamos en epoca de furanchos. Estes aparecen por todos lados, como setas no outono. Os camiños vense cheos de loureiros, de coches aparcados en calquer esquina.
So fai falla buscar, cando chegas a un sitio con gran cantidade de coches mal aparcados, o ramo de loureiro.

Algúns vos preguntaredes:¿que carallo e un furancho?
Nada mais que un bar "caseiro" donde os paisanos poñen a venda os seus caldos, e mentres os degustas podes tomar unha boa tapa ou comida rustica-artesanal
E decir, unha casa calquera, que baixo o sinal "segredo" dunha rama de loureiro, te podes ir tomar unhas tazas- mais ben carolinos de tintafemia, mentras comes unha tapa de callos, tortilla, empanada, cocido ou lacon con grelos..Taza de Tintafemia 3D
¿Como pode haber tanto bebedor de tintafemia? ¿De onde saen? ¿Que fan todo o resto do ano?
PD: Cuidadín, que hoxe é 1º de Abril.. e os burros van onde non deben ir...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois esta moi ben iso dos furanchos, podes pasalo moi ben e sen ter que ir os aburridos pubs de sempre. Ademais se tamén hai uns bos ghaiteiros como os de Cela e uns cantos bailarins, xa está a festa montada. Eu animo a toda a xente a "busqueda dos loureiros", e a beber iso si, con sentidiño este viño tan bo que temos en Cela.

Anónimo dijo...

Bonita foto a da bodegha e interesantes reflexións.

Canto cres que durarán este tipo de tradicións?, porque as novas xeracións xa non queremos andar debaixo das viñas...

Un saudo